Soños de Cajamarca

978-84-09-24120-0
GALLEGO
112
220cm
140cm
CANAL DISTRIBUCION
-5%
12,50 €
11,88 €

Soños de Cajamarca reúne nun só volume catorce relatos de Literatura infantil e xuvenil obra de destacados autores do noso panorama nacional. A través das súas verbas coñeceremos historias fantásticas que farán voar a nosa imaxinación á vez que alentan as ilusións de centos de nenas e nenos que residen en apartadas rexións dos Andes, no Perú.

Porque este proxecto colectivo nace con alma solidaria: apoiar o traballo que a ONG Aulas Abiertas está a levar a cabo no país andino a través da cesión de tódolos beneficios que os escritores participantes perciban por esta obra.

Coa adquisición deste libro estás colaborando no labor que leva a cabo a asociación sen ánimo de lucro viguesa Aulas Abiertas en Cajamarca, Perú.

Da venda de cada exemplar doaranse 2,50 euros a devandita asociación.

Máis información en www.aulasabiertas.org